martes, 6 de noviembre de 2012

Fermosidades da vida

Somos coma dúas bágoas resbalando nas meixelas, que se encontran no momento xusto no que cae... para caer xuntas. Creo que é a similitude que máis se aproxima a definir a nosa relación. Vivimos as nosas vidas e parece que por separado, pero non sei se é o destino ou eu mesma, pero sempre acabo ao teu lado. Vexo os meus pés movéndose, deixando un rastro pola area, vexo como ti o segues decidido. Parece que o momento vai a acabar, que o camiño converteuse nun muro, ata que me bicas. Me bicas e sorrís, mírasme aos ollos, e nese intre...cando unha ola azul intensa rodea a túa pupila, sei que todos os muros convértense en peldaños.

3 comentarios: